Skip Ribbon Commands
Skip to main content

SM o Rei Don Juan Carlos

Os actuais son tempos de grande esixencia. Espérannos moitas dificultades pero tamén nos protexen sólidos valores que nos fan sentirnos orgullosos de ser españois, e un pasado recente de superación que nos serve de estímulo.

Palacio de La Zarzuela, 24.12.2011

  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin

Armas da Súa Maxestade o Rei Juan Carlos I

 
A descrición das armas da SM o Rei figura na regra número 1 do título II do Real decreto 1511/1977, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de bandeiras e estandartes, guións, insignias e distintivos. 


 

ESCUDO ACUARTELADO:

1.º, de goles, cun castelo de ouro, ameado de tres ameas e torreado de tres torres, cada unha con tres ameas do mesmo mazonado de sabre e aclarado de azur, que é de Castilla; 
2.º, de prata, cun león rampante de goles coroado de ouro, lampasado e armado do mesmo, que é de León; 
3.º, de ouro, con catro paus de goles, que é de Aragón;
4.º, de goles, cunha cadea de ouro posta en orla, en cruz e en aspa, cun punto de sinople en abismo, que é de Navarra; entado en punta, de prata, cunha granada ao natural, fendida de goles, sostida, tallada e con dúas follas de sinople, que é de Granada. En escudete de azur e fileteado de goles, tres flores de lis de oro, que é de Borbón.
Leva colada ao escudo a cruz vermella de Borgoña e, a destra e sinistra da punta deste, o xugo de goles na súa posición natural con cintas do mesmo, e o feixe de cinco frechas de goles, con puntas cara a abaixo e cintas do mesmo.
O todo rodeado do Toisón de Ouro e rematado de coroa do mesmo metal e pedrería, con oito floróns, visibles cinco, e oito perlas intercaladas, cerradas con oito diademas gornecidas tamén de perlas e rematadas cunha cruz sobre un globo, que é a Real de España.
  • Escuchar
  • Imprimir la página
  • Enviar a un amigo
  • Suscribirse al RSS de la página
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twitter
  • Compartir en Linkedin